Títeres Cachirulo \"O libro da selva\"
22 Oct 2014

Títeres Cachirulo \"O libro da selva\"

27 Oct 2014 - 27 Oct 2014
Información
-
Concello de Corcubión e Secretaría Xeral de Cultura

TÍTERES CACHIRULO

O libro da selva

Adaptación do texto homónimo de R. Kipling

 

SINOPSE

Na espesura da selva, o malvado tigre Sherekan ataca a aldea dos homes. Mowgli, un rapaciño escorregadizo, escapa das poutas do tigre e busca  refuxio na cova dos lobos, que pasarán a se converter na súa nova familia, coa que vivirá divertidas experiencias até que se teña que enfrontar, cara a  cara, a Sherekan.

FICHA ARTÍSTICA

  • Manipuladores: Jorge Rey, Carmen Domech
  • Marionetas e escenario: Carmen Domech
  • Colaboracións: Florencia Ballato, Cristina Fernández
  • Música: Alfredo Padilla
  • Dirección: Jorge Rey

FICHA TÉCNICA

  • Público: infantil (a partir de 3 anos)
  • Duración: 55 min.
  • Técnica: marionetas de mesa

 

Día 27 de outubro de 2014

Biblioteca Municipal de Corcubión

Hora 15:00h

Programa "Ler conta moito" da Secretaría Xeral de Cultura - Xunta de Galiza