A Alcaldía

O Concello de Corcubión congratúlase de darlle a benvida ao novo portal web do municipio. Dende aquí, pretendemos achegar a administración local á cidadanía permitíndolles obter toda a información sobre as ferramentas, servizos ou trámites que teñen ao seu alcance dende o concello.

Con esta web, facemos un exercicio de democracia coa finalidade de poñernos ao servizo dos cidadáns, facilitando o acceso aos nosos servizos e aportando a maior das transparencias. Así mesmo, achega a administración ao pobo, pois dende aquí esá o acceso a esas tramitacións e xestións en liña.

Consideramos esta web un espazo de encontro, relación e comunicación con e para os veciños e veciñas de Corcunión, no cal agardamos poidan achegarse a construcción de esta nosa vila.

En canto a todos os visitantes na procura de coñecemento do concello de Corcubión, quixera invitalo a pasear e desfrutar polas nosas rúas e paisaxes, pois Corcubión trátase dunha terra de transición entre o sosego e calma das Rías Baixas e a bravura e a natureza viva propias da Costa da Morte.

Finalizo expresando o meu compromiso como alcalde por esta nosa comarca e reitero a miña total disposición e compromiso por Corcubión. A través da participación, o traballo e o diálogo, agardamos estar a altura de este concello e comprometémonos a aportar a maior das nosas forzas para traballar nun Corcubión aberto, sostible, accesible, xenuínio e moderno.

Convídote ferventemente a visitarnos, a convivir en Corcubión e a desfrutala

Un saúdo 

Manuel Insua Insua
Alcalde de Corcubión

A Alcaldía