Obradoiro de Emprego \"Camiño do Solpor\"
OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR”
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia concedeu o seguinte:
OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR”
O obradoiro de emprego "CAMIÑO DO SOLPOR” é un programa de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, e desenvolto conxuntamente polos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra, coa finalidade de pór en valor o percorrido do Camiño de Santiago – Fisterra ó seu paso polos tres concellos.
ALUMNADO
O obradoiro terá unha duración de 6 meses e formará a 20 alumnos traballadores, que serán contratados, baixo a modalidade de contrato para a formación.
Impartiranse dúas especialidades coa seguinte distribución de alumnos:
- Xardinería e restauración da paisaxe: 12 alumnos/as
- Confección e publicación de páxinas web: 8 alumnos/as
Territorialmente o alumnado distribuirase do seguinte xeito:
- Concello Cee: 8 alumnos/as
- Concello de Corcubión: 4 alumnos/as
- Concello de Fisterra: 8 alumnos/as
Os alumnos deberán acreditar posuír a seguinte formación mínima:
- Xardinería e restauración da paisaxe: Bacherelato ou equivalente.
- Confección e publicación de páxinas web: ESO ou equivalente.
Alternativamente poderase acreditar estar en posesión da formación mínima requirida no anexo que se adxunta:"Acceso os novos certificados de profesionalidade"
FORMADORES E OUTRO PERSONAL
Contratarase ao seguinte persoal para o obradoiro de emprego:
- 1 director/a (xornada completa)
- 1 mestre da especialidade Xardinería e restauración da paisaxe (xornada completa)
- 1 mestre da especialidade Confección e publicación de páxinas web (xornada completa)
- 1 mestre de xestión empresarial (a 50% da xornada completa)
- 1 mestre de ensino básico (a 50% da xornada completa)
- 1 auxiliar administrativo (xornada completa)
BAREMOS PARA A SELECCIÓN:
-Baremos alumnos
-Baremo para a selección de mestres do obradoiro
-Baremo para a selección dun auxiliar administrativo
-Baremo para a selección dun director
-Baremo para a selección dun docente de xestión empresarial
-Baremo para a selección dun mestre de ensino básico
OS INTERESADOS PODERÁN INSCRIBIRSE NA OFICINA DE EMPREGO DE CEE ATA O XOVES, 24 DE XULLO DE 2014.
Lista de admitidos excluidos e lugar e data das entrevistas:
https://docs.google.com/file/d/0B0ggOGV9VGZAT19SUng4ZlFBbFk/edit?pli=1
https://docs.google.com/file/d/0B0ggOGV9VGZAWHVXUHYyVmZCX1U/edit?pli=1
Puntuación definitiva peroal directivo, docente e de apoio:
https://docs.google.com/file/d/0B0ggOGV9VGZAaFhUajFDOW9YT0k/edit?pli=1
Puntuacón provisional de alumnos-traballadores:
https://docs.google.com/file/d/0B0ggOGV9VGZAb0xYYkpLZWk0QTQ/edit?pli=1
Puntuación definitiva de alumnos-traballadores:
https://docs.google.com/file/d/0B0ggOGV9VGZATFZfX29LT3lKWXM/edit?pli=1