EXPOSICIÓN: A Cidade e os Barcos
10 Jul 2013

EXPOSICIÓN: A Cidade e os Barcos

10 Jul 2013 - 15 Aug 2013
Exposicións
-
Concello de Corcubión

O próximo venres terá lugar a inauguración da exposición "A Cidade e os Barcos" no  Cárcere Vello de Corcubión ás 20.00 horas.

Trátase dunha mostra pictórica de 28 artistas de diferentes procedencias do estado español: Cádiz, Málaga, Madrid, León, Pontevedra.. , e mesmo de Italia , México, Argentina, Italia, Japón...  e todos eles cuna ampla traxectoria artística.

O tema da exposición fai referencia á relación entre a ciudade  y os barcos, indo desde a lenguaxe tradicional figurativa até a abstracción, coa utilización de  diferentes técnicas: collage, fotografía, óleo, acrílicos, gravado... É, por tanto, unha exposición moi variada mais dentro duns parámetros de calidade artística.

Esta mostra ten xa percorrido moitas travesías, como non podería ser doutra maneira sempre ciudades con marcada presenza mariña: Cádiz, Málaga, Barcelona, Marbella , Illa de León (San Fernando), Ceuta, Cartaxena, chegando agora a Galiza, a Corcubión,  como primeira etapa do pecurso galego e non podía ser máis oportuno este lugar, Corcubión,  que define o mar e arrola coas súas ondas.

Agardamos por ti o próximo venres, día 12, ás 20 horas.