CULTURA | "QUE BONITA VAS A SER"
09 Oct 2023

CULTURA | "QUE BONITA VAS A SER"

15 Oct 2023 - 15 Oct 2023
CULTURA | "QUE BONITA VAS A SER"
-
Concello de Corcubión

“Que bonita vas ser”
Dia Internacional da muller rural
Domingo 15 de outubro ás 19h.


Programa participado polo Concello de Corcubión, a Asociación Cultural Universidade Popular de Corcubión e o Departamento de Español de Carleton University.
Coincidendo co día Internacional da Muller Rural e enmarcado dentro do programa A Maxia da Cultura, a Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller levará a cabo unha lectura e conversa colectiva e en comunidade do texto “Corcubión” escrito por Alan Lomax nunha visita a nosa vila no ano 1952. Será as 19h na Capela do Pilar.


Convídase a que se achegue a esta acción colectiva a veciñanza de Corcubión e entre ellas, especialmente a Julia, Elena e Josefa, fillas das Xaviñanas, as mulleres polas que Lomax aproximouse ata Corcubión. Contaremos ademais coa actuación do grupo de pandereteiras conformado por cuatro rapazas novas que honran a súa memoria e as súas voces. As Xaviñanas de entón, recibían ese nome por ser orixinais de Xaviña en Camariñas aínda que afincadas en Corcubión desde moi pequenas. A esta acción estan tamén convidados un grupo de estudantes estadounidenses de historia contemporánea española como complemento á experiencia de aprendizaxe que levan a cabo nunha viaxe de estudos en Costa da Morte. Este programa forma parte da liña de colaboración que o Concello esta establecendo coa Universidade de Carleton.

Durante o inverno de 1952, aínda baixo o réxime de Franco, o etnomusicólogo Alan Lómax fixo unha viaxe de achegamento á cultura popular galega. Este pescador de sons dedicou sete décadas da súa vida á recopilación, estudo, comprensión e promoción da “música folklórica”, primeiro centrado nos Estados Unidos e logo polo mundo. Entre o 19 e o 23 de novembro de 1952 Lomax acude a Corcubión en busca dunhas mulleres cuxas voces e sons, segundo chegara ao seus oídos, debian de ser excepcionais. A súa experiencia en Corcubión a deixa recollida nun texto no que describe a súa chegada á vila, o seu percorrido por ela e o momento no que atopa ao grupo de mulleres ás que grabará e incorporará no seu arquivo.
A ollada dos que viñeron de fora acostuma estar mediada, entre outras cousas, pola súa situación de privilexio ou tamén polo que a súa propia cultura sobrepoñe ao que acontece diante dos seus ollos.

Grazas a eles, se cadra, podemos explorármonos a nós mesmas desde a ollada do outro, aprender facer un exercicio virtuoso entre razonamento e emoción, corazón e coñecemento, fala e escoita.
Revisar desde un pensar propio o que Lomax contaba de nós nos anos 50, especialmente as claves que apunta ao respecto da muller rural, é revisar o que din que fumos daquela e o que consideramos que somos hoxe. Falar en común de todas estas cuestións será o obxectivo desta letura e reflexión en comunidade. Contaremos ademais cunha figura que aporte ao pensar unha perspectiva de relectura en clave feminina.

Fragmentos compartidos
Enmarcado dentro das accións do día Internacional da Muller Rural e desbordando os límites marcados polo propio día, desde o grupo de lectura da Biblioteca Municipal estanse desenvolvendo lecturas relacionadas co que significa ser muller e rural. Desde o luns 9 de outubro compartiránse fragmentos destas lecturas e reflexións elixidas polos distintos compoñentes do grupo de lectura.
Faránse públicas nas redes sociais do Concello nun xesto conxunto de adentrármonos nesa dobre condición.