CONTOS DO MAR | HISTORIAS DE VIDA
Contos do Mar da comezo a través das xuntanzas sobre HISTORIAS DE VIDA.
O día 3 de abril ás 18,30h celebramos unha sesión informativa aberta á veciñanza na aula do porto (Edificio de Protección Civil)
HISTORIAS DE VIDA é a primeira parte do proceso de traballo de Contos de Mar, un proxecto participativo que quere poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura do pobo de Corcubión, en especial a mariñeira. Na súa primeira parte, HISTORIAS DE VIDA, trátase de xuntar á veciñanza para fíar conxuntamente memoria biográfica e memoria histórica. Os materiais que se vaian recollendo, xunto cun traballo de investigación documental en paralelo, permitirán elaborar unha audioguía ficcionada capaz de relatar unha parte da historia e memoria de Corcubión.
HISTORIAS DE VIDA levarase a cabo durante os meses de abril a xuño organizado en sesións grupais unha vez por semana. As persoas participantes deben ser veciños e veciñas de Corcubión, maiores de 70 anos.
Contos de Mar ponse en marcha dando continuidade a un compromiso da Concellería por favorecer os procesos de recuperación e colectivización da memoria da veciñanza nun pais que practica a desmemoria. Así, Contos do Mar ponse en marcha a continuación de Memorias Compartidas, unha experiencia exitosa de activación da memoria da veciñanza que pasou a desempeñar o rol de coeducadores e coeducadoras dun alumnado universitario
O proxecto Contos do Mar ponse en marcha co financiamento do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027. Xa foi desenvolvido en Carnota, Dumbría e Fisterra, baixo a coordinación da confraría do Pindo, nas anualidades 2019-2020.
Pódese atopar máis información aquí do seu proceso en https://contosdomar.com/