AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO
Axudas para a promoción do emprego autónomo
A Consellería de Traballo e Benestar ven de publicar dúas ordes destinadas ao fomento e promoción do emprego autónomo. Para o ano 2014 a principal novidade é a separación entre colectivos maiores e menores de 30 anos dando lugar a dúas ordes de axudas diferentes.
Toda a información e requisitos da convocatoria aparecen nos enlaces seguintes:
Promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web da Consellaría de Traballo e Benestar (http://traballo.xunta.es).
Para a presentación de solicitudes as persoas interesadas poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Traballo e Benestar.