AVISO | GOLFIÑO NA PRAIA DE QUENXE
21 Jul 2023

AVISO | GOLFIÑO NA PRAIA DE QUENXE

21 Jul 2023 - 22 Jul 2023
Información
-
Concello de Corcubión

En relación á aparición dun golfiño morto na praia de Quenxe no día de onte, dende o concello de Corcubión comunicamos á veciñanza

As operacións para a retirada do cetáceo xa están en marcha. Esta mañán os socorristas procederon a trasladar ao animal varado cara a rampla da praia. Unha vez alí, operarios do concello moverán ao golfiño para poñelo baixo custodia da empresa Gesuga, encargada do tratamento de cadáveres de animais. Coa axuda dun guindastre faranse cargo do golfiño e o trasladarán ás súas instalacións para proceder á súa incineración. O areal quedará en perfecto estado durante esta mañán.

Dende o concello garantimos o bó estado da praia para que siga sendo un espazo de desfrute e agradecemos a toda a veciñanza as chamadas para comunicar os feitos.