CULTURA | "AS MOURAS"
Segunda cita co teatro: A obra Mouras do grupo Lohengrín Teatro achégase ata Corcubión
dentro do Circuito Amador de FEGATEA
O sábado 28 ás 12h preséntase Mouras na Casa da Cultura de Corcubión. Avisamos do cambio de
emplazamento da presentación, que en principio convocábase na Praqza da Igresia mais por as
prediccións de chuvia celebrarase na Casa da Cultura.
Mouras é unha contada de lendas galega de tradición oral, un percorrido por distintas localizacións
castresas onde a tradición, a historia, o folclore e a vida das mulleres mestúrase nun espectáculo
máxico, co influxo das Mouras, Meigas e Nubeiros. Unha obra para tólolos públicos onde este é o
motor das historias.
Lohengrín teatro fúndase en Vigo en 1989 por iniciativa dun grupo de 20 rapaces con inquedanzas
artísticas. A agrupación distínguese por un teatro máis físico, xestual e social, buscando sempre
novas maneiras de transmitir ao público sendo o seu obxectivo principal o teatro máis novo.
A primeira cita do cirduito o pasado 8 de outubro con “Vaia Idiotas” foi un éxito de público. O
grupo de Pontedeume DameCuerdaQueTeatro levouse risas e aplausos dos asistentes e unha
estancia moi positiva na Vila de Corcubión.
A proposta da participación do Concello neste circuito é iniciativa de Farándula Velutina a través da
Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) a que eles pertenecen. Ademais de Mouras,
as próximas citas ás que debemos estar atentas serán. O 11 de novembro ás 20h na Casa de Cultura
contaremos con “Un vals para Cincinatti” de Teatro do Ar dirixido a público adulto e xuvenil e, para
pechar o circuito, poderemos contar con “O Agasallo” da man do noso grupo de teatro afeccionado
de Corcubión: Farándula Velutina. Será o 26 de novembro na Casa da Cultura ás 20h especialmente
dirixido á mocidade e persoas adultas.
Con este ciclo, desde o Concello esperamos dar apoio ao labor desta rede xa veterana que ten
demostrado ser fundamental para o desenvolvemento desta arte e a aposta do grupo Farándula
Velutina Catro pezas de teatro que poderán disfrutarse os próximos meses na vila de San Marcos