OBRAS | CORTE DA RÚA CARREIRA DO CONDE
08 Jan 2024

OBRAS | CORTE DA RÚA CARREIRA DO CONDE

10 Jan 2024 - 10 Jan 2024
Información
-
Concello de Corcubión

Infórmase que dende o vindeiro 10 de xaneiro de 2024 a Rúa Carreira do Conde permanecerá cortada ao tráfico por mor das obras de  MELLORA DO SANEAMENTO E PAVIMENTACIÓN DA RÚA CARREIRA DO CONDE incluídas no POS+ 2023 (PLÁN ÚNICO CONCELLOS) da Deputación da Coruña.

Esta actuación foi adxudicada á ampresa Ábaco Sercoin, S.L.U. por importe de 34.050,97 € (28.141.30 € +5.909,67 de IVE).

O tramo marcado en vermello na imaxe, estará cortado ata o remate das obras. O tempo estimado de execución é de un més e de tres meses o prazo máximo. 

Mentres tanto, o acceso á Escola Infantil Municipal poderá facerse dende a Casa da Cultura e Rúa Amarelle e segundo o transcurso das obras, irase informando dos itinerarios a realizar para o acceso de seren precisos.

Desculpen as molestias.