INFORMACION | XESTIÓN DA BIOMASA
15 Jan 2024

INFORMACION | XESTIÓN DA BIOMASA

15 Jan 2024 - 15 May 2024
Información
-
Concello de Corcubión

A CONCELLERÍA DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE DO CONCELLO DE CORCUBIÓN. INFORMA

As persoas titulares de fincas que recibiron cartas nas que se lles notificaba un requirimento para a xestión de biomasa en faixas secundarias, teñen nas oficinas do Concello á súa disposición un modelo de Instancia-alegacións, dispoñible como anexo a este documento. A instancia pode presentarse nas oficinas do Concello.

Tamén poden consultar as fincas afectadas, e mesmo ver que superficie da parcela está afectada, no visor de faixas secundarias da Xunta de Galicia:

https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

Na lupa que aparece na parte superior en azul, poden facer a busca por lugares de Corcubión, ou ben introducir a referencia catastral na sección Catastro. Unha vez introducidos os datos deben facer facer clic na lupa gris, e lles aparecerá coa cor verde a porción da finca afectada. Así mesmo a devandita concellería abriu un horario de consulta presencial nas dependencias do Concello de 11:30:12:30 nas datas que se indican :

DATAS XANEIRO 12, 16, 17,18, 19, 22, 23, 24

DATAS FEBREIRO 1, 2, 5, 6, 7, 8, 12,13,15,16, 21, 22, 23, 27,28

Para calquera aclaración poden chamar ao seguinte teléfono do Concello : 981 74 54 00 de 09:00-14:00 horas.

Máis información e instancia no arquivo anexo a esta publicación

Más información