PACTO DAS ALCALDÍAS PARA O CLIMA E A ENERGÍA / EUROPA
24 Nov 2020

PACTO DAS ALCALDÍAS PARA O CLIMA E A ENERGÍA / EUROPA

24 Nov 2020 - 24 Nov 2030
Información
-
Concello de Corcubión

O Concello aprobou un plan para facer frente á mudanza climática e reducir emisións de CO2

O último pleno do Concello aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentábel (PACES), un programa que inclúe a elaboración dun inventario de emisións e medidas para, entre outros aspectos, reducir o consumo de enerxía e ser un concello mais resiliente ao cambio climático.

O  Concello de Corcubión sumouse  en xaneiro do ano 2019 á iniciativa europea do Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía.  Este reúne ás autoridades locais e rexionais que de forma voluntaria se comprometen a implantar os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea no seu territorio.  Os asinantes teñen como obxectivo a redución das emisións de CO2 en polo menos un 40 % para 2030 e a aumentar o seu  resiliencia aos impactos da mudanza climática.

No caso de Corcubión este plan permitirá non emitir 1.426,36 toneladas de CO2 o ano, o que equivale ao 40,1 % de redución con respecto ao ano de referencia, o 2010.

A estratexia recen aprobada inclúe 28 medidas de actuación en distintos sectores diferenciando o investimento privado e o público, nos que destacan o sector de equipamentos municipais e o de transportes.

O concello márcase o obxectivo de captar fondos europeos para financiar medidas como a substitución de luces LED ou uso de enerxías limpas nas instalacións públicas mais tamén incentivar que a veciñanza perciba axudas para as obras privadas como as da envolvente térmica dos edificios (xanelas e fachadas).

O documento aprobado resalta que até o momento, entre 2010 e 2020, xa se levan realizado accións que supoñen unha redución do 6,7% polo que Corcubión ten demostrado que é posíbel cumprir co obxectivo marcado.

O Pacto dos Alcaldes/as é unha ferramenta que pretende reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas a través da mellora da eficiencia enerxética no ámbito urbano, a redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia frente á mudanza climática.

Para a redacción do documento recibiuse o apoio da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galiza e do FEDER “Unha forma de facer Europa” que financiaron o 100% do custe do mesmo.

Mais información: https://pactodosalcaldes.gal/

Ligazón ao PACES do Concello de Corcubión: https://drive.google.com/file/d/1e08XU7RWPxNEwsZB5bRaF9FSZDIOqNbz/view?usp=sharing