23 Dec 2020 I TRAIL A correr pelo monte 18 Dec 2020 - 18 Jan 2021 Información - Concello de Corcubión CORRENDO POLO MONTE O Concello de Corcubión organiza esta carreira co fin de facer unha competición de forma individual e totalmente gratuíta. O percorrido comeza e remata no aparcadoiro das Hortensias, na praia de Quenxe. Corcubión. O terreo polo que transcorre a proba e maioritariamente pistas de terra (pode haber zonas de barro tralas choivas destes días) e a dificultade da proba será media. Distancia: 8km Ruta: única e circular, sen categorías. Podes descargar o track en https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trailnadal2020-62404494 , tamén estará un QR na saída ,mais información www.corcubion.gal, Cada participante dispón dun total de 30 días para poder realizala proba, escollendo tamén o horario que desexe. Días antes de competir deberase realizala inscrición no indicando: Nome, apelidos e télefono a carreiracorcubion2020@gmail.com Non haberá entrega de dorsais como é habitual. Cada corredor deberá levar o seu reloxo GPS ou télefono móbil ,que rexistre a actividade realizada. Despois deberá compartila por correo electrónico á dirección carreiracorcubion2020@gmail.com co fin de comprobar que fixo o recorrido correctamente, e que non fixo pausas de tempo durante o recorrido. Haberá trofeo para o mellor tempo, tanto feminino coma masculino e un agasallo por parte de Toxogel. Tamén sortearase 2 vales por 50 euros cada un en material deportivo entre todo-los participantes Non se aceptarán actividades que nos manden sen antes terse inscrito. Cos tempos que nos vaian mandando iremos confeccionando as clasificacións, que serán compartidas na paxina web e redes sociais do concello. A entrega de trofeos farase a finais de Xaneiro e de forma individual. Estaría xenial que os corredores nos foran compartindo algunha foto para ir confeccionando un álbum e ir publicando fotos ao longo dos 30 días. Calquera dúbida que teñades podedes enviar un correo. *Na proba deberase realizar con mascarilla posta, xa que nos podemos atopar con algunha persoa paseando. En caso de cruzarse con alguén pola beira da praia pedimos poñer mascarilla e gardar distancia de separación de 1,5 metros ou máis pola seguridade de todos.