CABALGATA DOS REIS MAGOS
O 5 de xaneiro estamos preparando unha fermosa cabalgata de reis coa complicidade e agarimo de algunhas de vós e queremos darvos as grazas!
Durante novembro estiveron as costureiras reais argallando uns traxes moi especiais para cando cheguen os reis desde Oriente seguindo a estrela de luz
Durante decembro estivemos artellando unha carroza para ofrecerlles un paseo pola nosa vila e aldeas de Corcubión, un paseo real e máxico.
Tamén estivemos preparando un tractor, dos de toda a vida, para acarrexar todos eses agasallos que de seguro van entregar á rapazada pola noite cando esteades xa durmindo.
Contaremos con música, con Barriga Verde, con caramelos e algunhas sorpresas.
Nota:
Se o tempo o permite a cabalgata percorrerá todo o camiño planificado no cartaz.
Se a chuvia o impide esperámosvos a todas e todos ás 17.30h no patio do colexio CEIP Praia de Quenxe.