A vila de Corcubión está situada na Galiza, actual Comunidade Autónoma española situada no noroeste da Península Ibérica, onde antigamente se localizou a Gallaecia romana e posteriormente, entre os anos 409 e 1833, o Reino de Galiza.
Galiza pertence tamén á eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
A Ría de Corcubión, na que se localiza o mítico cabo de Fisterra, é a máis alta das Rías Baixas e forma parte da denominada Costa da Morte.
A forma máis cómoda de chegar a Corcubión é desde Santiago de Compostela (capital de Galiza) ou desde A Coruña. Ambas as cidades contan con aeroporto que as conecta coas máis importantes cidades do mundo.