Localización: Rúa de San Marcos.
Cronoloxía: Século XV, con reformas no XVII e XVIII.
Situación Xurídica: Propiedade privada en uso.
Os condes de Altamira estabelecen a capitalidade da xurisdición en Corcubión no ano 1430.
Fíxose preciso construir entón unha edificación que acollese a residencia dos condes así como o cárcere e a sala de audiencias do xulgado señorial. Este edificio, situado en pleno conxunto histórico de Corcubión, está actualmente destinado a vivenda.
No seu momento tivo unhas torres defensivas que foron demolidas na remodelación do século XVII.