Localización: Ao lado da praia de Quenxe.
As instalacións do museo están situadas nunha antiga fábrica de salgadura. A inauguración oficial do recinto para museo tivo lugar o 6 de Outubro do 2001.
A colección do museo está integrada por máis de mil pezas vencelladas á vida marítima da Costa da Morte. Está distribuida nos seguintes espazos:
- Vestíbulo
- Sala do Salvamento Marítimo
- Sala de instrumentos de Navegación e Electrónica
- Sala de Maquinaria de Cuberta e Carpintaría de Ribeira
- Sala de Motores Diesel e Eléctricos
- Patio
- Sala de Planos e Instrumentos Naúticos
- Sala de Exposicións Temporais