Os muíños hidraúlicos aproveitan a forza motriz do río para moer o gran.
Dos tipos existentes, os de rodicio ou muíños de regato, coa roda motriz horizontal, son os máis numerosos. Este é o tipo dos que hai en Corcubión.
Seguindo o curso do río Quenxe hai un total de seis muíños de pequenas dimensións que se atopan en situación de desuso. Dos tres que son visibeis, dous deles perderon a súa cubricación orixinaria.
Perto da denominada Boleira dos Muíños quedan tamén restos dunha serie de muiños de maré cos respectivos canais para a agua.
En Redonda, nunha pequena boleira, hai tamén un par de exemplares.