Localización: Redonda.
Cómo chegar: Desde o centro da vila de Corcubión pódese chegar a Redonda pola estrada que leva a Fisterra. A 1 Km, despois dunha subida prolongada, continuar por un desvío á esquerda onde se atopa o albergue de peregrinos de Corcubión (Campo de San Roque). Aos 3 Km chegamos por esa estrada a Redonda. A igrexa está ao fondo do lugar un pouco arredada do núcleo habitado da aldea.
Cronoloxía: Comezos do século XIII.
Estilo: Románico.
Situación Xurídica: Propiedade do Arcebispado de Santiago de Compostela.
A igrexa románica de San Pedro de Redonda é un edificio do século XII de reducidas dimensións pero de gran valor artístico.
Como elementos destacados podemos indicar:
A fachada, que presenta un esquema pentagonal e ten un arco de medio punto apoiado no muro.
A decoración exterior, con motivos vexetais. Destacan a espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre alicerces, un frontón, dous acróteros piramidais e unha cruz.
Decoración interior, con retablos con imaxes. Tamén hai varias imaxes, como a de San Pedro (pequena talla gótica duns 40 cms), a da Virxe das Mercés, a da Virxe do Carme, unha talla de San Xoán Bautista e a da Virxe do Rosario.
O campo onde se atopa a igrexa está nun lugar moi fermoso e contén ademais do templo o cemiterio e un cruceiro.