Localización: Praza José Carrera, 1.
Cronoloxía: 1924.
Estilo: Ecléctico.
Autores: Eduardo Rodríguez Losada y Rebellón.
Este edificio é un exemplo de Arquitectura de Indianos e naceu pola vontade do filántropo corcubionés José Carrera Fábregas de crear un centro de ensino na súa vila natal.
Foi contruído orixinalmente para servir como unha Escola Práctica de Artes e Oficios. Por iso, segue a tipoloxía das institucións escolares da época. Ten un corpo central cadrado que conecta as dúas alas dispostas simetricamente, nas que se dispoñían as aulas. A Capela, que se atopaba no centro da fachada, era o elemento que marcaba a división do espazo.
En 1967 fíxose unha remodelación e ampliación e outra no 2001 quedando o edificio como o vemos na actualidade.
Actualmente este edificio acolle a Casa do Concello de Corcubión e outras dependencias públicas.