Localización: Lugar de Oliveira, sobre o monte Quenxe.
Cronoloxía: Séculos I ou II antes da nosa era.
Este xacemento ten dous recintos, cunha croa de pequenas dimensións, protexida no seu perímetro por un parapeto e rodeada por outra liña defensiva.
O castro está sen escavar, e o recinto está ocupado por terrazas con terreos de cultivo.
A súa localización permite o control da ría de Corcubión, gran parte do val de Cee e gran parte da costa até o cabo Fisterra.