Localización: Praza de Castelao.
Cronoloxía: 1899.
Situación Xurídica: Propiedade privada en uso.
Este edificio é un dos máis senlleiros de Corcubión.
O banqueiro local Manuel Miñones Barros reformou entre 1899 e 1902 a súa casa situada no número 12 da Praza de Castelao.
A casa mantén unha composición clásica da arquitectura de galerías, cun corpo baixo con dous vans que se converten en balcóns no primeiro andar e nunha galería no último. A construcción é de planta rectangular coa fachada lateral máis alongada que a principal dispóndose en tres niveis ademais do baixo cuberta acondicionado como ático.