Talía Teatro (contacontos para nenos/as)
01 Jun 2011

Talía Teatro (contacontos para nenos/as)

25 Jun 2011 - 25 Jun 2011
Eventos
-
-

Marta Ríos de Talía Teatro ofrecerá unha sesión de contacontos para nenas e nenos titulada MUNDOS CONTADOS.

Sinopse: Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes. De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias. Son, polo tanto, mundos contados, mundos que existen desde hai moito tempo. Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe, mentres hai memoria, hai esperanza.

Hora: 18h00

Lugar: Casa da Cultura de Corcubión