MULLER | ANDAINA POLA IGUALDADE
O 9 de marzo celebraremos unha andaina para sementar igualdade.
Organizada pola mesa local contra a violencia de xénero do CIM de Cee coa participación dos Concellos de Corcubión, Fisterra e Cee convócase esa mañá a camiñar xuntas e xuntos unha ruta que une as tres vilas. Iniciarase en Fisterra (saída desde San Roque ás 10h) e ao seu paso por Corcubión salientaranse dous puntos simbólicos do roteiro “Pegadas da Muller”: o Lavadoiro da aldea de Vilar e a Fonte da Praza de Castelao.
Aandaina chegará ata Cee aproximadamente ás 14h onde concluirá coa lectura dun Manifesto na Praza 8M.
Para participar na andaina podes chamar ao Concello de Cee, Corcubión ou Fisterra.
Aqui tes o formulario de inscripción que debes cumplimentar para inscribirte (documento descargable).