MERCADO DE CORCUBIÓN
09 Sep 2021

MERCADO DE CORCUBIÓN

10 Sep 2021 - 11 Sep 2026
Información
-
Concello de Corcubión

O Concello de Corcubion continua coas obras de rehabilitación do seu Mercado de Abastos, proxecto cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galiza 2014-2020

O Mercado Municipal facilita a compra de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neste tipo de mercado é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada.

Dende 1905, no mercado de Corcubión existen puntos de venda nos que se ofertan produtos en canais curtos de comercialización procedentes maiormente da ría de Corcubión e produtos de proximidade, que dinamizan o tecido economico e social do noso Concello. Postos que xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e que constituen a base dunha dieta equilibrada e saudable.

Máis información e pedidos:

Pescados Corcubión

Tel. 981 74 02 55

 

Frutas Costavella

Tel. 981 97 68 63

 

Merca en Corcubión!