MELLORA DO SANEAMENTO NA RÚA DO CARRO E O VILAR
09 Dec 2021

MELLORA DO SANEAMENTO NA RÚA DO CARRO E O VILAR

09 Dec 2021 - 15 Dec 2022
Información
-
Concello de Corcubión

A presente actuación pretende aumentar a eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento existentes no Concello de Corcubión, continuando coa separación da rede de saneamento.

As obras consistiron na execución dunha nova rede separativa no ámbito de actuación, que recollese e canalizase dun xeito separado as augas pluviais e residuais, conducíndoas ata os pozos de saneamento que conforman parte da rede xeral existente.

Colocáronse así canalizacións de PVC de 250 mm. de diámetro nos colectores tanto de pluviais como de fecais, e de 160 mm. nas acometidas e unión dos sumidoiros; así como os pozos de rexistro necesarios, e arquetas nas acometidas das augas residuais das vivendas afectadas na rúa Camiño do Carro.

Finalmente repúxose o pavimento demolido, trala compactación das terras coas que se teñen enchido os foxos, mediante a execución dunha subbase de zahorra natural compactada, un firme de formigón armado de 12 cm. de espesor, e un acabado a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm. de espesor sobre rego de adherencia con emulsión tipo ECR-2.

As obras contaron con financiamento procedente do FEDER, a través da Dirección de Augas de Galicia, concedendo ao Concello a subvención solicitada de 50.000 euros, o que representa unha axuda do 86,14  % sobre o custo total elixible. Así, a aportación municipal ascendeu a 20.230,49 euros.

A axuda do FEDER está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.