IGUALDADE | DIA DO DORGULLO
Programa Día do Orgullo
18h Campo do Rollo (se chuvia Casa da Cultura)
Planeta LGTBI. Espectáculo para público infantil
Divertida viaxe interestelar para crear un espazo de reflexión sobre a riqueza da diversidade e sobre o
colectivo LGTBI.
O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste
igual, as comidas saben todas ao mesmo, as familias teñen sempre os mesmos compoñentes, ...
Cando un M’burrido ven de expedición intergaláctica ó noso Planeta Terra, observa que aquí nos gusta
moito a diversidade, ... e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: Hai familias cunha nai e un
pai, familias con dúas nais, con dous pais, familias monoparentais, ... O que nun comezo lle parece ao
estrano ET desorden e caos acaba convertíndose en riqueza cultural e sensación de fresca liberdade que lle
leva a reprantexarse todo o que sempre deu por feito.
22.30h Antiguo solar do Cine (se chuvia Cárcere Vello)
Ocaña, retrato intermitente. Proxección ao aire libre. 79 min.
Un retrato de grande honestidade sobre a homosexualidade nos anos 70 que fuxe das etiquetas coas que a
sociedade a encerra
Finais dos anos 70. Ocaña pasea travestido, pero non se considera un travestí; é homosexual, pero di non
ter oído esta palabra ata hai pouco; rehúlle das etiquetas nas que poida –sen querer– verse encerrado, é un
visionario, pero ten os pés na terra; un personaxe que non é un bicho raro, nin unha curiosidade exposta
nun escaparate, senón un ser absolutamente normal –con perdón– e decididamente entrañable.
Quen era Ocaña. “Ocaña, que foi un icono de resistencia da dictadura franquista durante a transición
española, é unha das figuras clave esquecidas pola historiografía da arte española. Os seus
“performances” e accións diversas, coetáneas ao nacemento do movemento punk e dos primeiros
movementos de protesta LGTB, prefiguraron as prácticas de desobediencia sexual e de xénero que
empezarían a agruparse baixo o nome de ‘activismo queer’ a principios dos anos oitenta.”
Dirixida por Ventura Pons, 1978
Coa Colaboración da Filmoteca de Catalunya