FORMACIÓN | A ECONOMÍA CIRCULAR NO TURISMO
A Asociación Concellos Camiño Fisterra - Muxía organiza un curso formativo sobre economía circular no turismo, co obxectivo de mellorar a calidade do servizo e fomentar a sustentabilidade, e no que se busca difundir ferramentas para que os profesionais do sector turístico poidan ofrecer unha atención de calidade no Camiño Fisterra - Muxía, aumentando a calidade e sustentabilidade do sector.
O curso será impartido por profesionais con experiencia en turismo, sustentabilidade e economía circular, e dividirase en catro bloques temáticos.
O evento levarase a cabo o 8 e 9 de novembro de 2023, no Salón de Plenos do Concello de Corcubión.
Para máis información descargue o tríptico que acompaña esta publicación contacte a través de calquera das seguintes direccións de correo electrónico:
icsem@icsem.es // camino@alanzada.net.
Ou a través do teléfono: 600 94 23 07