CAMPAÑA DE RECOLLIDA E PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO USADOS E MATERIAL ESCOLAR
(Primaria- ES0- Bacharelato)
INFÓRMASE ÁS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR NA CAMPAÑA QUE :
o punto de entrega e reparto é a
CASA DO CONCELLO (SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS)
En horario:
DE LUNS A VENRES DE 9:00 A 14:00 HORAS
Criterios de reparto:
A entrega dos libros e material escolar é unha doazón voluntaria e non supón necesariamente un intercambio. O reparto realizarase segundo criterios económicos dando prioridade a:
1º.- Familias en situación económica máis desfavorable.
2º.- Alumnado que previamente entregara os seus.
3º.- As demais familias solicitantes.
Organiza: Concellaría de Servizos Sociais de Corcubión
Data inicio: 28/08/2013
Data fin: 28/09/2013
Tipo: Información
Volver