Como continuación da xeminación (twinning) de Corcubión con Ashbourne (Irlanda), realizouse un acto na cidade irlandesa sendo recibido o concelleiro Louro Pais polos homónimos locais do condado de Meath: Sean Smith, Suzane Jamal e Claire O´Driscoll, pola deputada no parlamento nacional de Irlanda, Regina Doherty, o alto funcionario do condado de Meatth, Dara McGowan, e acompañados polo delegado de educación e cultura na embaixada española en Dublín, o galego Adolfo Carbón. A bandeira galega, ofrecida como presente ás autoridades irlandesas na súa visita a Corcubión, xunto coa de Irlanda, recibiron ao representante corcubionés para honrar ao noso municipio.
Data inicio: 30/04/2018
Data fin: 30/05/2018
Tipo: Información