Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

ROTEIRO 8M - PEGADAS DA MULLER

02/03/2022

Co motivo do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo o Concello de Corcubión ten o pracer de presentar O Roteiro 8M “Pegadas da Muller”.

Este roteiro ten como obxectivo, visibilizar a pegada das nosas antecesoras, que coas súas reivindicacións foron outorgando dereitos, liberdades e oportunidades para as mulleres. Dereitos e liberdades básicos como é a educación, o voto, ou o traballo remunerado. Esta pegada marcouse en nós, mais é o noso deber seguir camiñando e avanzar para que as mulleres e nenas que veñan sexan cada vez mais conscientes e libres dos roles, estereotipos de xénero, desigualdade, discriminación e violencia. Sigamos aumentando as pegadas, para poder vivir nunha sociedade mais xusta, respectuosa e igualitaria. Unha sociedade mellor.

Este roteiro é permanente e circular, de aproximadamente 3 km. Comeza na fonte da Praza de Castelao, onde moitas mulleres ían recoller a auga que transportaban na senlla e recorrerá as rúas do concello en dirección o lavadoiro do Vilar, un dos espazos onde as mulleres se xuntaban para lavar a roupa. Espazo que lles servían para socializar, converténdose en verdadeiros espazos de encontro entre mulleres. Unha vez no alto do Vilar, punto intermedio da ruta, é momento da baixada cara o paseo marítimo que recorreremos o carón da praia e do mar, ata o punto final de volta a fonte da praza Castelao.

A ruta estará sinalada co concepto da PEGADA, dada polo movemento de MULLERES en prol dos seus dereitos e liberdades.


Data inicio: 02/03/2022

Data fin: 08/03/2023

Tipo: Eventos

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: