SAÚDE | REDE GALEGA DE PARQUES SEN FUME
07 Feb 2023

SAÚDE | REDE GALEGA DE PARQUES SEN FUME

07 Feb 2023 - 31 Dec 2023
Información
-
CONCELLO DE CORCUBIÓN

Corcubión é un dos primeiros 18 concellos galegos en adherirse á REDE GALEGA DE PARQUES SEN FUME.

Con esta iniciativa, iniciada pola Dirección Xeral de Saúde, preténdese aumentar os espazos libres de tabaco co obxectivo de promover a saúde e a protección do medio ambiente.

Todos os concellos participantes loitarán pola desnormalización do consumo do tabaco e contarán con un parque no que non se poderá fumar, neste caso será o do Campo de San Roque.

Esta iniciativa de protección da saúde e do medioambiente, súmase á de pertenza á REDE DE PRAIAS SEN FUME da que forman parte xa 80 concellos e na que este concello dispón da medalla de ouro ao contar coa totalidade dos areeiros libres de tabaco.