CULTURA | SAN XOAN 2024
O domingo 23 de Xuño, celebraremos a noite máis curta do ano, a noite das meigas, cunha velada moi especial no Campo do Rollo como xa é tradición en Corcubión.
Ademáis de sardiñas, viño e limonada haberá espectáculos variados de títeres, queimada e lumerada para saltar e purificar.
A tarde dará comezo ás 20,30h cun espectáculo moi especial para o desfrute de todos os públicos da man de Títeres Alakrán. Nel un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música: Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, o gaiteiro Avelino Cachafeiro, Bola de Nieve, Jimmy Hendrix, D.J.
Federico, un brakedancer sen papeis, e mesmo a morte…
Continuaremos coas parrillas e brasas, preparando unha sardiñada popular para ofrecer á veciñanza ás 22h. Entre sardiña e viño ou limonada poderemos aproximarnos a gozar de duas propostas de teatro mínimo cos Monicreques de Kukas. Unha levaranos ao acontecemento dos bombardeos de Guernika en clave Picassiana, case de pintura en movemento, e a outra a unha reflexión e denuncia das agresións que sofre o medio ambente e a natureza. Son espectáculos breves para todos os públicos que se experimentan individualmente ou de duas en duas persoas.
Haberá tamén música polo que se invita a traer suxerencias ou algunha playlist para reproducir algún tema a petición da veciñanza
Por último, cheganda a media noite haberá queimada con embruxo -conxuro da man de Borja Insua e prenderemos tamén unha boa lumerada para saltar sobre ela e purificar as almas.