BASES DEL CONCURSO DE DISFRACES DEL CARNAVAL 2018:
1. O concurso, que terá lugar a 10 de febreiro, constará de tres modalidades: a) Individual. b) Grupo: de 2 a 5 persoas. c) Comparsa: 6 ou máis persoas. 2. A inscrición realizarase na Casa do Concello de Corcubión ou chamando ao teléfono 981745400. A data límite de inscrición será o xoves 8 de febreiro ás 14:00 h. Os participantes na modalidade a) e b) poden inscribirse no propio día na mesa do xurado. 3. Só se poderá presentar co mesmo disfrace a unha das distintas modalidades do concurso. 4. Todos os participantes no concurso deberán formar parte do desfile de Entroido polas rúas da vila, que partirá ás 16:30 h da praza de Castelao. A partir das 17:00 h terán lugar as actuacións na Casa da Cultura. 5. Os grupos/comparsas deberán facer unha actuación ante o público. No caso de teren coplas deberán entregar copia delas ao xurado previamente. 6. Os participantes que queiran incluír música en vivo deberán presentala, con antelación suficiente, na mesa do xurado para poder facer as pertinentes probas de son. 7. A actuación das modalidades a) e b) será por orde de inscrición e da modalidade c) será por sorteo. 8. O xurado estará integrado por membros das distintas asociacións do Concello de Corcubión. 9. Valorarase con 1, 3 ou 5 puntos cada un dos distintos aspectos: disfrace, orixinalidade e coreografía/coplas. Nas modalidades b) e c) tamén se primará o número de integrantes do grupo ou comparsa. 10. Estabelécense os seguintes premios para as distintas modalidades: a) Individual: 1º, 2º e 3º premio cun valor de 60, 40 e 30 € respectivamente. b) Grupo: 1º e 2º premios con 125 e 75 € respectivamente. c) Comparsa: 1º, 2º premios con 300 e 170 € respectivamente. 11. O Concello non se responsabiliza do contido das letras das coplas ou cancións dos participantes no concurso.
Fecha inicio: 23/01/2018
Fecha fin: 12/02/2018
Tipo: Información