IGUALDADE | DIA DO DORGULLO
24 Jun 2024

IGUALDADE | DIA DO DORGULLO

28 Jun 2024 - 28 Jun 2024
Eventos
-
Concello de Corcubión

ORGULLO é o amor propio e estima sobre nós mesmas como personas merecedoras de
respeto e consideración. O próximo venres 28 celebramos no Concello de Corcubión
este amor propio, respeto e consideración.


No día Internacional do Orgullo organizamos unha programación especial coa intención
de facer máis visible e comprensible este merecemento indubidable. Para elo, contaremos
con dúas actividades a celebrarse sinaladamente no espazo público coa finalidade de
animar colectivamente á corresponsabilidade e compromiso ante a diferencia.
Comezaremos no Campo do Rollo ás 18,30h cunha actividade escénica para público
infantil e ás 22,30h a convocatoria será no solar do antiguo cine xunto ao Bar Gavilla para
asistir a unha proxección de cine xuntas pensada para público a partir de 16 anos.
Sobre as actividades

 

18:30h Campo do Rollo (se chuvia Casa da Cultura)
Planeta LGTBI. Espectáculo para público infantil
Divertida viaxe interestelar para crear un espazo de reflexión sobre a riqueza da diversidade e sobre o
colectivo LGTBI.
O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste
igual, as comidas saben todas ao mesmo, as familias teñen sempre os mesmos compoñentes, ...
Cando un M’burrido ven de expedición intergaláctica ó noso Planeta Terra, observa que aquí nos gusta
moito a diversidade, ... e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: Hai familias cunha nai e un
pai, familias con dúas nais, con dous pais, familias monoparentais, ... O que nun comezo lle parece ao
estrano ET desorden e caos acaba convertíndose en riqueza cultural e sensación de fresca liberdade que lle
leva a reprantexarse todo o que sempre deu por feito.

22.30h Antiguo solar do Cine (se chuvia Cárcere Vello)
Ocaña, retrato intermitente. Proxección ao aire libre. 79 min.
Un retrato de grande honestidade sobre a homosexualidade nos anos 70 que fuxe das etiquetas coas que a
sociedade a encerra
Finais dos anos 70. Ocaña pasea travestido, pero non se considera un travestí; é homosexual, pero di non
ter oído esta palabra ata hai pouco; rehúlle das etiquetas nas que poida –sen querer– verse encerrado, é un
visionario, pero ten os pés na terra; un personaxe que non é un bicho raro, nin unha curiosidade exposta
nun escaparate, senón un ser absolutamente normal –con perdón– e decididamente entrañable.
Quen era Ocaña. “Ocaña, que foi un icono de resistencia da dictadura franquista durante a transición
española, é unha das figuras clave esquecidas pola historiografía da arte española. Os seus
“performances” e accións diversas, coetáneas ao nacemento do movemento punk e dos primeiros
movementos de protesta LGTB, prefiguraron as prácticas de desobediencia sexual e de xénero que
empezarían a agruparse baixo o nome de ‘activismo queer’ a principios dos anos oitenta.”
Dirixida por Ventura Pons, 1978
Coa Colaboración da Filmoteca de Catalunya