CULTURA | ENTROIDO 2024
05 Feb 2024

CULTURA | ENTROIDO 2024

05 Feb 2024 - 13 Feb 2024
Eventos
-
Concello de Corcubión

PROGRAMA

XOVES 8 : Reflexión de Entroido
Enmarcado no programa de presentacións mensuais de libros da Biblioteca

19h. Biblioteca Municipal – Casa da Cultura.
Presentación do libro Esperta do teu sono de Lola Rontano.
Introduce e modera Álex López desde a Comunidade Ecosocial Boca de Sapo

Os entroidos en Costa da Morte e en Galicia estiveron marcados ou acompañados en moitas ocasións pola expresión popular pola defensa da terra. A saída a rúa en desfiles ou comparsas, a festa da veciñanza transformada en demandas, ironías, crítica e risas, ten tradicionalmente visibilizado nestas datas controversias e tamen loitas comúns.
Nesta liña parécenos imprescindible “tirar do entroido” para tamen retomar e lembrar esas formas populares de defender a terra, neste caso a loita contra a mina de Corcoesto no 2013.

VENRES 9:

O Entroido da rapazada

Organizado pola comunidade escolar do CEIP Praia de Quenxe e a Escola Infantil

10h. Lectura de poemas na Casa da Cultura

11,15h. Desfile polas rúas de Corcubión

Neste caso é a comunidade escolar de Corcubión a que protagonizará esta mañá entroidal. Disfrazadas e disfrazados de seres do monte e de poesía o alumnado e profesorado acudirá á Casa da Cultura de Corcubión a invocar as forzas do entroido cunha lectura de poemas e logo percorrerá as rúas da vila desfilando.

NOTA: En caso de chuvia abundante esta actividade celebrarase enteiramente no Pavillón

Delicias Entroidais. Ruta de bares musicada

12 a 15h e de 20h a 24h

O Concello e a hostalaría de Corcubión dan inicio a formas conxuntas de colaboración. Neste caso para que o Entroido se viva tamén desde as tradicións identitarias e culturais reflictidas no xantar de entroido. Cada bar elaborará unha serie de pinchos de delicia entroidal e a veciñanza poderá facer unha ruta de degustación entre as 12h e 15h durante a mañá do venres e entre as 20h e 24h na tarde do venres. Ademais entre as 20,30 e as 22h o grupo de música Dúin e Mestura Fol rondará os bares para musicar a tarde noite.

Bares da ruta: Cafe Bar Suiza, Bar Tío Moncho, Taberna O Ribeiro, Café Bar Alborada, Mar Viva II, Restaurante Bar Carrumeiro, Restaurante San Martín

Grupo Dúin: Dùin provén do nome empregado na língua gaélica para referirse aos nosos castros e da nome ao grupo de Folk da Costa da Morte que, emerxendo da música tradicional galega, fai un percorrido por terras indoeuropeas e mares irlandeses. Esteban (violínTraveseira) Mateo (guitarra, Banjo), Josinho (baixos), Néstor (gaita whistle),  Luis( Mandolina ),  Jose(Acordeón)

SÁBADO 10 : Grande festa Entroidal

17,30h Comezo do Desfile no Campo do Rollo. Ruta pola vila acompañadas polo grupo Mestura Fol. Actuacións na rúa de comparsas.

19h Subida do Meco e pregón do Alcalde no balcón do Concello

19h Filloada de pedra e chocolatada popular e barra de Bar. Praza do Concello

20.30h Actuación do grupo Os Bregadiers

O Concello de Corcubión aposta pola volta á esencia das celebracións populares de Entroido e prepara unha grande festa na que se combinará: desfile entroidal polas rúas ao que estan invitadas calqueira grupo ou persoa que queira unirse. Estará encabezada pola comparsa entroidal do Concello e a música do grupo Mestura Fol. Percorrerá a vila e deterase ali onde quera facerse algunha escenificación. Finalizará no Concello coa subida do meco ao balcón, pregón do Alcalde, e a continuación fiollada e chocolatada popular, memoria entroidal Corcubión 1988, barra de bar Mar Viva. Pecharemos coa actuación especial da banda rueira Os Bregadiers.

Asociación de Filloas da Pedra de A Baña: coñecidas pola festa adicada á filloa teremos o pracer de acompañármonos por un grupo destas veteranas fiolleiras tradicionais á pedra

Mestura Fol: é un grupo de recente formación nado no 2019 composto por un grupo de persoas afecionadas á música tradicional de diferentes lugares de Costa da Morte. Desde entón tocan, compoñen e colaboran en eventos culturais e de corte benéfico. Néstor (gaita/percusión)

Esteban (Traveseira), Alex (Acordeón/Gaita, José (Acordeón)

Os Bregadiers: Ritmos swing, jazz e rock&roll, experimentados músicos galegos nunha formación que leva á rúa músicas doutras latitudes, nunca antes escoitadas nas vilas e cidades galegas. Inspirados nas brass bands, fanfarrias ou bandas gypsy, Os Bregadiers son herdeiros destas tradicións, cunha grande calidade musical e artística.

Oscar Prieto: Tuba, Olivier Cano: Saxo alto e flauta, Fausto Escrigas:Saxo tenor Miguelon Paz: Caixa, Diego Vieito: Bombo, Antón Lago: Guitarra

NOTA: En caso de chuvia abundante esta actividade celebrarase enteiramente no Pavillón

DOMINGO 11 : Quedada de entruido

20h no Kiosko da praza

Esta actividade céntrase no rescate dalgunha das tradicións entroidais que quedan na memoria da nosa veciñanza: Vestirse co que hai pola casa e sair en grupo a facer de entruidos polas casas e rúas. Convócase a rapazada e mocidade que lle apeteza vir. A quedada é ás 20h na Praza xunto ao Kiosko

Esta é unha actividade organizada pero con espíritu aberto á improvisación.

Dinamiza Adriana Balufo e Inés López Rivas

MÉRCORES 14 : Enterro da Sardiña

18,30 Praza do Concello.

Organizada pola Comunidade ecosocial Boca de Sapo e o Concello.

E finalmente o enterro da Sardiña. Esta é unha tradición relativamente recente. Os primeiros documentos datan do século XVIII. Ten unha orixe menos popular marcando o fin do entroido máis irreverente para iniciar a cuaresma e o seu recollemento.

En Corcubión ten certo arraigo e este ano queremos desde o Concello de Corcubión en colaboración coa Asociación Boca de Sapo percorrer os rueiros da vila de rigoroso loito para finalmente “queimar” o noso meco.

O pobo é quen máis enterra