Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto

Pesca

A Costa da Morte é un sitio especialmente adecuado para practicar a pesca deportiva, tanto de mar como de río.

 

Pesca no mar

Licenza: É necesario comprar unha licenza na Capitanía Marítima de Corcubión (Avenida da Viña. Teléfono: 981 74 62 04). O prezo está sobre os 10€ (a Maio do 2006).

Información legal: Normativa en Galiza

Para coñecer máis dos peixes de mar en Galiza

 

Pesca de río

Pesca de río

Licenza: Para pescar nos diferentes coutos que están na comarca hai que comprar a preceptiva licenza nos lugares indicados para cada couto.

Información legal: Normativa en Galiza

Máis información sobre os peixes de río en Galiza

 

 

 

Coutos na zona:

Xallas:

O coto de pesca do Xallas comprende os concellos de Dumbría e Mazaricos e acouta os ríos Xallas e Beba durante 8 Km. O límite superior está no encoro da Fervenza, no río Xallas (límite Mazaricos-Dumbría) e na ponte de Ponte Nova, no río Beba (Mazaricos). O límite inferior fíxase na desembocadura do río Beba no Xallas (límite Mazaricos-Dumbría).

Distancia de Corcubión: 20 Km. A parte máis próxima do Couto a Corcubión é Olveiroa no Concello de Dumbría. Consulta o traxecto.

Lugares onde se poden comprar permisos de pesca:

Bar Vinculeiro - A Picota (Mazaricos). Telf.: 981 85 20 18
Bar Correo - A Picota (Mazaricos). Telf.: 981 85 22 35
Bar Oreiro - Regoelle-Olveira (Dumbría). Telf.: 981 74 15 01

 

Ponte do Porto

O couto de pesca de Ponte do Porto comprende os concellos de Vimianzo e Camariñas, e acouta o río Grande durante 4,40 Km. O límite superior fíxase na central eléctrica de Carantoña, no regato Cruz de Canle e na desembocadura deste no río Grande (Vimianzo). O límite inferior fíxase na Ponte do Porto (Camariñas).

Distancia de Corcubión: 30 kms. Consulta o traxecto.

Lugares onde se poden comprar permisos de pesca
Bar O Cabazo - Ponte do Porto (Camariñas). Telf.: 981 73 00 90

 

Baio:

O couto de pesca de Baio comprende os concellos de Zas e Vimianzo e acouta o río Grande durante 8,40 Km. O límite superior fíxase en Ponte Lodoso (Zas) e o inferior en Ponte de Vao da Lama (Vimianzo).

Distancia de Corcubión: 35 kms. Consulta o traxecto.

Lugares onde se poden comprar permisos de pesca:
Bar Pescador - Baio (Zas). Telf.: 981 71 80 13
Bar Cruce - Baio (Zas). Telf.: 981 71 82 54

II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: