Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto

Micoloxía

As peculiaridades da Costa da Morte fan que sexa unha zona moi rica n cogumelos.

O clima húmido e de temperaturas non extremas permite que haxa cogumelos case todo o ano.

E as características do chan, unidas ao clima, fan que haxa unha gran variedade.

Nos montes, o terreo é moi ácedo e os cogumelos que aparecen son os típicos deste tipo de chans.

En cambio, nas praias e os terreos próximos a elas os terreos son calcáreos, polo que aparecen cogumelos máis propios das zonas mediterráneas. Isto debería ocorrer en toda a costa galega, pero mentres noutros lugares esnaquizáronse esas zonas cercanas as praias, na Costa da Morte aínda as podemos atopar case virxes.

Para os interesados en coñecer máis sobre os cogumelos da bisbarra, existe a Asociación Micolóxica Pan de Raposo, con sede na vila veciña de Cee, onde vos atenderán con moita amabilidade. Se de verdade tes interés nos cogumelos, fala con eles.

Enderezo: Rúa de arriba, 1. 15270 Cee. A Coruña.

Teléfono: 981 74 70 44.

Correo-e: panderaposo[arroba]panderaposo.com

II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: