A ría de Corcubión, polas súas características de porto natural, é un sitio perfecto para realizar actividades naúticas, e máis concretamente vela deportiva.
Enderezo: Porto de Corcubión s/n
Teléfonos: 981 70 62 06 / 666 36 93 24
Correo electrónico: cmcarrumeiro[arroba]yahoo.es
Cursos de Vela:
Datas: xullo e agosto.
Horarios: Cursos semanais de 20 horas de luns a venres (de 16:00 a 20:00).
Clases: Optimist, Cadete, Vaurient, 420, Pastinaca, Raqueiro.
Requisitos: Saber nadar. Idade mínima 8 anos.
Prezos orientativos
Licenza federativa: 16 €.
Cotas de inscrición: Entre 50 e 100 €. Prezos especiais para os nenos (menores de 16) e os mozos (menores de 25 anos). Renovacións máis económicas.
Regatas na ría de Corcubión:
Todos os anos realízanse na ría de Corcubión varias regatas de vela.
Liga Costa da Morte: De marzo a xullo, un sábado de cada 2. Clases: Optimist, Vaurient e 420.
Clubes participantes: Clubes Marítimos de Fisterra, Camariñas, Laxe e o Clube Carrumeiro de Corcubión.
Trofeo Concello de Mazaricos: Clases Vaurien e Clase 420.
Concentración de Escolas de Vela: Sóen ser en xullo. Clases Optimist, Vaurien e Clase 420.
Coa participación dos seguintes clubes: Clube Naútico de Camariñas, Clube Naútico de Fisterra, Real Club Naútico de A Coruña, Clube Naútico de Laxe, Clube Naútico Pedra do Roncudo, Clube Naútico de Portosín, Clube Naútico Deportivo de Riveira, Clube Marítimo Carrumeiro.
Estas concentracións son actos de confraternización e irmandade entre os rapaces e rapazas das distintas escolas de vela que teñan como vínculo de unión a paixón polo mar e o deporte da vela.
Regata Ría de Corcubión: Sóe ser en agosto. Clase Crucero.
Regata Seno de Corcubión: Tamén soe ser en agosto. Clases Optimist, Vaurien, 420 e Cruceiro.
Xira Naútica Costa da Morte:
Ao longo de 4 días, as embarcacións de varios clubes da Costa da Morte percorren as costas destas terras.
Máis información e calendario completo de regatas en Galiza: Federación Galega de Vela
Clube Furacán de Corcubión
Enderezo: Porto de Corcubión s/n
Teléfono: 981 70 62 06
Correo electrónico: cmcarrumeiro[arroba]yahoo.es
Clube que se dedica ao remo tradicional de banco fixo, nomeadamente aos bateis.
O Clube Furacán participa na Liga Galega Territorial Norte de bateis.
Podedes ver aquí o calendario desta Liga Galega Territorial Norte de bateis.
Ademais, este ano 2006 celebrouse en Corcubión o Campeonato Galego de Bateis (Trofeo Conde de Fenosa), os días 22 e 23 de Abril.
Características da nosa zona para o surf: Guía de surf de A Costa da Morte
Clubes, asociacións e demais: Asociación Galega de Surf
Empresas, clubes e escolas de surf na Costa da Morte:
Art Surf Camp (Praia de Razo - Carballo).
Raz Surf Camp (Praia de Razo - Carballo).
Bergantiños Surf Clube: Surf&Rock (Carballo)
Surf Club Soesto/Laxe (Laxe)