Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto

Ruta polos arredores de Corcubión

Vistas de Fisterra desde Redonda

O municipio de Corcubión abarca unha pequena península no centro da súa ría, no segmento final do camiño de Fisterra. Ao abrigo do seu estratéxico porto, a vila foi crecendo ao longo da costa até formar un paseo de brancas galerías de sabor mariñeiro, con mostras de vivir fidalgo. Non faltan as casas brasonadas espalladas polas prazas e ruelas interiores, nin os contributos dos chamados indianos. Alén diso, por ser cabeceira de partido xudicial, aquí se sitúan os xulgados mais tamén as delegacións das distintas administracións e organismos públicos.

Corcubión é un concello que está composto por dúas parroquias: San Marcos e Redonda.

Neste roteiro imos percorrer a zona non urbana de Corcubión. É un percorrido de 9 Km aproximadamente, polo que pode facerse andando (pode levar de 2 a 3 horas) en bicicleta ou en automóbil. As distancias quilométricas que se indican son con respecto a Praza de Castelao, comezo do noso percorrido.

Partimos da praza de Castelao de Corcubión. Seguimos o paseo marítimo en dirección ao porto.

Desde allí podemos avanzar polo paseo de Plácido Castro Rivas até a praia de Quenxe. Tamén se pode ir pola estrada AC-442 até o cemiterio do pobo.

Desde Quenxe hai que tomar unha estrada que vai por encima das urbanizacións. Desde a estrada AC-442 pode tomarse á esquerda á altura do cemiterio (0.8 Km).

Ao pouco de tomar esta estrada atopamos un par de muíños de auga (1.1 Km).

Esa estrada vai subindo, dándonos outra visión da ría de Corcubión.

A los 2.1 Km encontramos el castelo do Cardeal.

Vista desde o Faro do cabo Cee

Seguimos pola mesma estrada e chegamos até unha curva moi grande á dereita (3.2 Km), de onde parte á esquerda unha pequena estrada que vai chegar ao campo de fútbol municipal de Corcubión e ao faro do Cabo Cee (3.7 Km).

Desde este cabo poden verse unha das máis fermosas vistas da ría de Corcubión. En fronte vese o monte Pindo e no mar podemos ver as illas Lobeiras que gardan a entrada da ría. Mirando a dereita podemos ver a península de Fisterra en cuxo extremo occidental se sitúa o seu mítico faro.

Volvemos para atrás e continuamos pola estrada que abandonamos. Continuando chegamos ao lugar de Redonda (5.8 Km). Ao final da estrada que discorre polo centro do lugar está a igrexa parroquial de San Pedro de Redonda (século XII) (6.2 Km). Vale a pena achegarse até alí para ver este templo e o seu adro presidido por un tradicional cruceiro.

Redonda é a outra parroquia de Corcubión ademais da de San Marcos e, a diferenza desta, é plenamente rural. Nela podemos admirar un gran número de hórreos e mostras de arquitectura popular. Ademais, hai unhas vistas fermosísimas da costa de Corcubión e Fisterra.

Despois de dar unha volta por Redonda podemos seguir a estrada no mesmo sentido que levabamos antes de desviarnos en Redonda e acabamos chegando ao albergue de Corcubión (7.9 Km). Este albergue é un dos que acollen aos peregrinos que fan o camiño xacobeo até Fisterra.

Próximo ao albergue discorre a AC-442 que chega até Fisterra. Para volver a Corcubión recomendamos cruzar esa estrada e seguir polo camiño de en fronte do que chegamos. Este é parte da prolongación do camiño de Santiago até Fisterra pero imos percorrelo en sentido contrario.

Rapidamente chegamos ao lugar do Vilar (8.4 Km), onde tamén hai gran cantidade de hórreos e varias mostras interesantes de arquitectura popular.

Desde alí até San Marcos hai algo menos de 1 km, que se percorre en permanente baixada. Se imos andando ou en bicicleta podemos utilizar o camiño de Santiago, pero se imos en coche hai que tomar a estrada que baixa directamente ao centro da vila. Desde o cruzamento do centro do lugar, á esquerda vai o camiño de Santiago (andando e en bicicleta) e en coche hai que seguir recto. Se ten algunha dúbida, os veciños de Vilar informaranos amablemente.

Se seguimos ese paseo, temos uns minutos moi agradables, xa que avanzaremos á beira do monte de Corcubión e hai vistas moi fermosas do pobo e o seu ría. Ao final, chegaremos ao núcleo de Corcubión polo Campo de San Antonio.

II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: