Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto

Outros pazos e casas señoriais

Pazo dos Dios e Pose

Pazo dos Dios e Pose

Localización: Antonio Porrúa, 3.

Situación xurídica: Propiedade privada en uso.

Vivenda brasonada entre medianeiras, disposta en dous andares cunha disposición de planta rectangular. En cada un dos andares hai un par de fiestras.

Na fachada destaca un balcón corrido no primeiro andar ao que se abren dous vans, seguindo un ritmo regular na distribución dos ocos.

No último piso hai un escudo de armas que ocupa case completamente o van. Este pazo é é un dos mellores exemplos de casas brasonada de Corcubión.


Casa Castrexe

Casa Castrexe

Localización: Rúa Antonio Porrúa.

Situación xurídica: Propiedade privada en uso.

Edificio brasonado entre medianeiras disposto en tres niveis. A súa planta é regular.

A fachada ten un eixo central marcado pola porta e continuando no primeiro andar cun pequeno blacón sostido sobre unha lousa de granito cunha fina varanda de ferro. No último andar hai unha fermosa galería que a recorre completamente.

Ten un fermoso escudo de armas con cuatro cuarteis. Hai que lamentar que estú mutilado na súa parte superior.


Casa Teixeira

Casa Teixeira (1789)

Localización: Rúa das Mercés.

Situación xurídica: Propiedade privada en uso.

Edificio histórico, de planta rectangular e dous niveis, que se desenvolve ó longo da rúa. Pódese acceder ao seu interior por dúas portas situadas ao nivel da rúa.

Un escudo contorneado en estilo Rococó está situado enriba da porta. Outros elementos orixinais perdéronse nas restauracións sucesivas.


Casa de Jose Sendon

Casa de José Sendón

Localización: Praza Médico Ramón Carrera.

Situación xurídica: Propiedade privada en uso.

Exemplo de casa brasonada, organizada en dúas alturas, cun tellado cuberto a dúas aguas.

A fachada principal ten un eixo central marcado pola porta de entrada. Encima de ela vai un escudo de armas, con un helmo virado cara a dereita, de catro cuarteis no que se aprecian as serpes afrontadas da familia dos Pazos.

II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: