As cabaceiras ou hórreos son, xunto cos muíños, as construcións funcionais máis importantes vencelladas á economía tradicional baseada no cultivo de gran. A súa orixe máis remota estaría nos sistemas empregados polos pobos castrexos para manter o gran seco e aillado da humidade do chan, mediante cestos levantados sobre pés ou pendurados.
Pola súa función préstase especial atención á calidade dos seus materiais e á súa localización, para garantir unha boa ventilación do gran.
En Corcubión hai censadas 14 destas construcións. Aínda que todos pertencen ao estilo propio destas terras, as técnicas construtivas son moi variadas, ao igual que os tamaños.