Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto

Faro do Cabo Cee

Faro do Cabo Cee

Localización: Cabo Cee 43° 55' latitude N.E. 9°11' lonxitude O.

Cómo chegar: Seguir a estrada en dirección a Fisterra até chegar ao cemiterio de Corcubión. Logo continuar por un desvío á esquerda que se atopa xusto ao pé do cemiterio e a urbanización As Hortensias e que chega até o faro de cabo Cee.

Cronoloxía: 1860

En 1847 decídese pola Comisión de Faros a colocación dun punto de iluminación que facilitase a entrada na ría de Corcubión. A localización elixida foi o chamado Cabo Cee.

O faro iluminouse por primeira vez o 31 de xullo de 1860. Despois de varias melloras, en 1934 automatizouse.

O edificio é de planta cadrada, con cuberta a catro aguas, e está elevado sobre unha plataforma de pedra. A lanterna está situada nunha torre anexa ao muro sur.

II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: