Localización: Rúa Antonio Porrúa, 5.
Cronoloxía: 1931.
Estilo: Ecléctico.
Situación Xurídica: Propiedade do Concello de Corcubión.
Esta capela foi mandada edificar por Pilar Hermida Orbea como dependencia anexa ao "Asilo de Anciáns Pobres Desamparados" que fóra construído en 1925 en memoria do seu home don Emilio Alonso.
A nave presenta unha planta rectangular, con nave única e unha pequena sacristía detrás do presbiterio.
O edificio foi rehabilitado en 1989 polo Concello para ser auditorio municipal pero a posterior construción da Casa Da Cultura relegou á Capela do Pilar desta función.
Actuamente utilízase para a realización de actividades culturais polos veciños de Corcubión.