Esta exposición interactiva pretende dar a coñecer a todos os galegos o problema ambiental da mudanza climática, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galiza. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propondo novos comportamentos e accións positivas co clima que loiten contra a mudanza climática e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
Lugar: Casa da Cultura de Corcubión
Data inicio: 18/03/2013
Data fin: 01/04/2013
Tipo: Exposicións
Volver