Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE CORCUBIÓN 2011

01/09/2011

“VI Concurso de Fotografía do Concello de Corcubión”:

Bases que rexerán:

1.- Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas: Asunto: Corcubión e o mar. Modalidade: en papel fotográfico (en cor, sepia ou branco e negro) Tamaño mínimo: 30 x 40 cm

2.- As fotografías presentáranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor/a. Cada obra levará un título que deberá figurar no reverso da fotografía ademais do pseudónimo do autor ou autora. Nun sobre adxunto deberá incluirse o soporte da fotografía e facer constar os seguintes datos: nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo e nº de teléfono.

3.- As fotografías entregaranse no Concello de Corcubión desde o día 1 ao 15 de setembro.

4.- Establécense os seguintes premios: 300 € para o gañador, 150 € para o segundo e 100 € para o terceiro.

5.- Os premios resolveranse no mes de setembro por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo da cultura e da fotografía.

6.- De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.

7.- As obras gañadoras quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.

8.- As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas polos autores na Casa do Concello. Aquelas fotografías que non sexan retiradas transcorrido un mes desde a data do fallo do xurado, quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.

9.- O ditame do xurado será inapelábel. A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.


Data inicio: 01/09/2011

Data fin: 15/09/2011

Tipo: Concursos

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: