Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

Cursos CELGA

13/02/2014

A Administración galega anunciou o pasado venres, 7 de febreiro, a próxima realización de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, mediante unha circular informativa remitida desde a Dirección Xeral de Administración Local. Esta formación desenvolverase entre os meses de abril e maio do ano en curso.

No web institucional da Secretaria Xeral de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, figuran toda a información e os requisitos dos interesados para  solicitaren a devandita formación, así como o modelo oficial de solicitude e preinscrición. O prazo de presentación de solicitudes nos gabinetes provinciais de Normalización Lingüística estará aberto até o vindeiro 24 de febreiro.

Para poder solicitar un curso na vila de Corcubión, o Concello precisa dun mínimo de 20 persoas interesadas, que deben preinscribirse na Casa do Concello de Corcubión ou chamando ao teléfono 981745400.

Para máis información pode contactar co Gabinete Provincial de Normalización Lingüística: 981 184 898 // 981 182 350

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga)

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia as seguintes convocatorias para a realización de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega (Celga):

-Cursos Celga 1 en liña:

Prazo  matrícula: do 27 de febreiro ata o 22 de marzo

Datas do curso: do 31 de marzo ata o 8 de xuño

-Cursos presenciais nas EOI (Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia)

Prazo matrícula: ata o 07/03/2014

Información: páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion

 


Data inicio: 13/02/2014

Data fin: 24/02/2014

Tipo: Cursos

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: