Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

Bases do VIII concurso fotográfico de Corcubión

13/11/2013

BASES DO “VIIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO CONCELLO DE CORCUBIÓN.

Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:

  • No concurso contemplaranse dúas temáticas:
  1. Temática libe.
  2. Temática sobre a vila de Corcubión para o premio extraordinario “Fillos de San Marcos”
  • Modalidade: papel fotográfico (en cor, sepia ou branco e negro).
  • Tamaño mínimo: 20 x30 cm
  • As fotografías, de cara á exposición pública, deberán ser presentadas enmarcadas ou en soportes sólidos como cartón pluma ou contrachapado lixeiro.

Presentación:

O sistema de presentación, sistema de plica, está deseñado para garantir o anonimato do autor de cara a valoración do xurado.

As fotografías presentaranse en sobre pechado figurando no exterior unicamente o título das obras que contén.

Cada obra levará un título que deberá figurar no reverso da fotografía.

Nun sobre adxunto, no que figurarán no exterior do mesmo só os títulos das obras presentadas, deberase incluír o soporte da fotografía e facer constar os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do autor/a,
  • DNI,
  • Enderezo
  • Nº de teléfono.
  • Títulos das fotografías.

.NOTA:

Coa finalidade de evitar dobres premios nunha soa fotografía, os autores/as que opten ao premio extraordinario “Fillos de San Marcos” deberán facelo constar no reverso das obras presentadas ao mesmo. Cada autor/a poderá participar no premio extraordinario “Fillos de San Marcos” con unha, dúas ou coa totalidade das obras que se poden presentar ao concurso.

.Lugar e datas de entrega das fotografías

O depósito das fotografías debidamente identificadas realizarase no Concello de Corcubión entre os días 12 de novembro e 5 de decembro (ámbos incluídos).

.Premios:

Todas as fotografías participarán na exposición que terá lugar na Capela do Pilar durante o Nadal, concretamente do 23 de decembro de 2013 ao 3 de xaneiro de 2014.

Haberá premios en metálico e a mellor fotografía publicarase na sexta edición da revista Thaumazein editada pola Universidade Cromática.

Premios en metálico:

Temática Libre:

1º Premio: 150€

2º Premio: 100€

3º Premio: 50€

Premio Extraordinario “Fillos de San Marcos”

100€

.Fallo do concurso

O sistema de valoración será o seguinte:

Un mínimo de catro xuíces valorarán as por eles consideradas tres mellores fotografías. Esta valoración consistirá na emisión de tres puntos para a primera, dous para a segunda e un para a terceira. A suma de todos os puntos dos catro xuíces dará como resultado os gañadores do concurso.

En caso de empate farase unha segunda valoración.

O Premio Extraordinario Fillos de San Marcos contará, ademáis, con xurado popular vía Facebook recibindo as fotografías máis votadas tres, dous e un punto respectivamente.

O fallo do concurso resolverase e farase público (xunto coa entrega de premios) o venres 27 de decembro, ás 19:00h da tarde, na Capela do Pilar de Corcubión.

As obras gañadoras quedarán a disposición do Concello, podendo ser reproducidas e difundidas con total liberdade. A Universidade Cromática resérvase o dereito a publicar as tres fotografías gañadoras na revista Thaumazein.

As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas polos autores/as no Concello de Corcubión a partir do día 7 de xaneiro de 2014.

O ditame do xurado será inapelábel. A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.


Data inicio: 13/11/2013

Data fin: 12/12/2013

Tipo: Concursos

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: