Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

Contacontos pola igualdade

06/03/2014

A Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Corcubión, continuando co traballo realizado desde esta institución, na promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e procurando os obxectivos e actuacións marcadas no II Plan de Igualdade, celebrará o vindeiro 8 de marzo, Día da Muller, na Casa da Cultura, entre as 11:00 e 13:00h,  un obradoiro de coeducación e corresponsabilidade para  nenos e nenas  de 5 a 8 anos.

 Con esta actuación preténdese fomentar a  adquisición de valores de igualdade,  que diminúan os prexuízos e estereotipos de xénero desde idades temperás, a través da  participación activa dos menores nas actividades  propostas de lectura, debuxo e xogos.  Desde a Concellaría, convídase aos pais e ás nais  da Vila, a motivar á participación dos seus fillos e fillas na mesma.


Data inicio: 08/03/2014

Data fin: 08/03/2014

Tipo: Información

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: