Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

Entroido

18/02/2014

BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS 2014 DO CONCELLO DE CORCUBIÓN:

 

  1. O concurso constará de dúas modalidades:

 

  1. INDIVIDUAL /  PARELLA: 1 ou 2 persoas.
  2. GRUPO / COMPARSA: 3 ou máis persoas.

 

  1. A inscrición realizarase na Casa do Concello de Corcubión ou chamando ao  teléfono  981745400. A data límite de inscrición é o 28 de febreiro ás 15:00 h.  Os participantes na modalidade a) poden inscribirse no propio día na mesa do xurado.

 

  1. Só se poderá presentar co mesmo disfrace a unha das distintas modalidades do concurso.

 

 

  1. Todos os participantes no concurso deberán formar parte do desfile de Entroido polas rúas da vila, que partirá o día 1/03/2014 ás 16:00 h da Praza de Castelao.

 

  1. As comparsas deberán acompañar a súa actuación cunhas coplas das que deberán entregar copia ao xurado antes da actuación, e previamente no Concello en soporte informático.

 

  1. Os participantes que queiran incluír música en vivo deberán presentala previamente no Concello (en formato CD, pendrive, etc.)

 

  1. A orde de actuación en cada modalidade designarase mediante sorteo efectuado polo xurado. Por categorías actuará en primeiro lugar a individual, logo os grupos e finalmente as comparsas.

 

  1. O xurado estará integrado por membros das distintas asociacións do Concello de Corcubión.

 

  1. Valorarase de 1 a 3 puntos o disfrace, orixinalidade, coreografía e coplas. Nos grupos /comparsas tamén o maior ou menor número de integrantes (a máis participantes maior puntuación).

 

  1. Estabelecense os seguintes premios para as distintas categorías:

INDIVIDUAL/PARELLA: 1º, 2º e 3º premio cun valor de 75, 50 e 25 € respectivamente.

GRUPO/COMPARSA: 1º, 2º e 3º premio cun valor de 300, 200 e 100  € respectivamente.

 

  1. O concello non se responsabiliza do contido das letras das coplas ou cancións dos participantes no concurso.

Data inicio: 18/02/2014

Data fin: 01/03/2014

Tipo: Concursos

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: